IA aplicada á industria · Multisectorial

Especialistas,
non xenéricos.

Ollamos o teu proceso real antes de propoñer nada: aprendemos do teu histórico, adaptámonos á túa casuística e seguimos contigo cando xa está funcionando. Nada de receitas de manual: solucións que aguantan o día a día da túa empresa.

01 · DIAGNÓSTICO Entendemos o proceso antes de programar unha soa liña.
02 · CALIBRADO Probamos cos teus datos reais antes de pasar a produción.
03 · SUPERVISIÓN A IA asiste; a decisión segue a ser do teu equipo.
Qué facemos

Tres formas de gañar eficiencia onde máis se nota.

Empezamos por onde máis te afoga. Ás veces é unha tarefa repetitiva que se come dúas horas ao día; outras, un orzamento que tardas unha semana en sacar.

01

Automatizacións á medida

O repetitivo deixa de ocupar o teu equipo: pedidos, ordes de traballo, avisos a planta, informes. Se ten unha orde clara, pódese automatizar.

Ver exemplos →
02

Axentes intelixentes

Un axudante que coñece as túas necesidades, os teus documentos, as túas tarifas e a túa forma de traballar, e responde ó teu equipo ou ó teu cliente sen inventarse nada.

Falemos →
03

Solucións propias

Produtos que desenvolvemos nós para problemas que se repiten en toda a industria. O primeiro é MATIAS: cotización de pezas en menos de 2 minutos.

Coñece MATIAS →
Automatizacións

Se é repetitivo, é automatizable.

O teu equipo non está para copiar datos dun sitio a outro. Encargámonos do repetitivo —coa túa forma de traballar, non cun modelo de manual— para que se concentre no que de verdade achega valor.

Cando

entra un pedido

Facemos

orde de traballo e avisamos a planta.

Acabouse copiar os mesmos datos tres veces.

Cando

un cliente pide orzamento

Facemos

o borrador cos seus datos, listo para que só o revises.

Respondes o mesmo día, non a semana que vén.

Cando

cambia o estado dunha peza

Facemos

o seguimento e avisamos a quen a espera.

Ninguén ten que preguntar “por onde vai isto?”.

Cando

chega un albará ou unha factura

Facemos

a extracción de datos e deixámolos no teu sistema.

Menos tecleo, menos erros.

Cando

remata un lote

Facemos

o rexistro de tempos e actualizamos o teu histórico.

E ese histórico alimenta orzamentos máis afinados.

Cando

achégase unha entrega

Facemos

o aviso con antelación ó/ás responsable/s.

Que non dependa de que alguén se lembre.

Un exemplo real

Así respondemos un orzamento só

Dun correo a un orzamento listo para enviar, sen que ninguén copie datos a man. Ti só validas.

01

Chega a solicitude

Un cliente solicita orzamento dunha peza.

02

Lemos a peza

Modelo 3D, plano e correo.

03

Buscamos no teu histórico

Comparámola con pezas que xa fabricaches.

04

Estimamos tempo e custo

Comparamos con pezas similares e calculamos tempos e prezo.

05

Borrador de orzamento

Xérase automáticamente.

06
Supervisión humana

Tí validas

O responsable revisa e valida.

07

Orzamento enviado

Ó cliente, no mesmo día.

Que tarefa se repite na túa empresa cada día? Cóntanola e dicímosche se se pode automatizar.

Falemos
MATIAS · Plataforma modular de IA

A plataforma de IA que crece co teu taller.

Empeza por saber canto custa e canto tarda cada peza. Segue por saber que pasa no teu taller agora mesmo.

01

Estimación de tempo e custo

Dun plano (PDF) ou un 3D (STEP) a tempos e custo en minutos. Calibrado cos datos do teu taller.

02

Planificación da produción

Visibilidade real da túa planta: ordes, ocupación de máquinas e datos pra anticipar pescozos de botella.

03 Proximamente

E o que vén

Novos módulos, segundo o que cada taller necesite. A plataforma crece contigo.

Cada módulo aprende dos datos do teu taller e entrégase nunha plataforma web sinxela.

Desenvolvido por Xion-AI, da man de una enxeñeira con experiencia en produción de taller CNC. Non son calculadoras teóricas: están calibradas coa realidade de planta.

Como traballamos

Primeiro entender, despois construír.

O noso método é a razón pola que podes fiarte: rigor antes que présa, e sempre unha persoa ao mando.

01

Diagnosticamos antes de programar

Miramos o teu proceso real antes de propoñer nada. Se o problema non é para IA, dicímoscho.

02

Calibramos cos teus datos

Axustamos e probamos coa realidade da túa empresa antes de pasar a produción. Nada de receitas de manual.

03

A IA asiste, non decide

Sempre queda unha persoa validando. Amplificamos o criterio do teu equipo, non o substituímos.

04

Non desaparecemos

O soporte e o acompañamento seguen despois de implementar, non rematan na entrega.

Sectores

A mesma enxeñaría, adaptada á túa industria.

Non facemos unha IA xenérica e a repartimos: entendemos como traballa cada sector e construímos sobre os seus datos reais.

Metal e mecanizado

Estimación de tempos e custo de pezas, planificación de planta e seguimento de produción.

Aquí naceu MATIAS.

Cerámica

Control de procesos, trazabilidade de lotes e automatización da xestión de pedidos e documentación.

Madeira e carpintaría

Optimización de despezamento, orzamentos automáticos e seguimento de proxectos á medida.

Sector vinícola

Automatización de rexistros, trazabilidade de campañas e análise de datos de produción.

O teu sector non está na lista? Se hai datos e procesos que se repiten, seguramente poidamos axudarche. Cóntanolo.

Por qué XION-AI

O que nos fai distintos non é a IA. É como a aplicamos.

Hai moitas formas de implementar IA nunha empresa. Case todas fallan polo mesmo: non entender o proceso, prometer de máis ou desaparecer tras a entrega.

Coñecemos a túa industria

Falamos a túa lingua e entendemos como se traballa de verdade, non só de tecnoloxía.

Honestidade por diante

Se no teu proceso non fai falta implementar IA, dicímoscho. Non prometemos o que non podemos cumprir.

Non te deixamos só

O soporte e o acompañamento seguen despois de implementar, adaptándonos ós teus novos retos.

Cóntanos o teu proceso e dicímosche con franqueza se ten sentido implementar IA e como.

Falemos do teu caso
Quén somos

Enxeñaría de industria que se pasou á IA.

XION-AI nace dun sitio pouco habitual na IA: a planta. Coñecemos a industria desde dentro —como se fabrica, como se orzamenta, onde se perde o tempo e a marxe— porque estivemos aí.

Iso cambia como traballamos. Non chegamos cunha solución de catálogo: entendemos o teu proceso, calibrámolo cos teus datos e acompañámoste. A IA é a ferramenta; o criterio de industria é o que a fai útil.

Non prometemos o que non podemos cumprir. Se a IA non é a resposta para o teu caso, dicímoscho. O noso obxectivo é que a industria optimice de verdade, con alguén que entende a súa realidade e crece con ela.

  • Experiencia de planta
  • Honestidade por diante
  • Acompañamento real
Falemos

Tés un proceso que se repite ou un orzamento que se atranca?

Cóntanos o teu caso por WhatsApp e dicímosche con franqueza se ten sentido implementar IA e como. Sen compromiso: se non é para ti, tamén cho dicimos.

Escríbenos por WhatsApp

Respondémosche cunha primeira valoración, sen custo.

Prefires o correo? hola@xion-ai.es